5/07/10

Monsanto

Unha multinacional estadounidense con poucos escrúpulos

.

Coa súa sede central en San Luis, Missouri ( EE.UU.), a Monsanto Chemical Company foi fundada en 1901 por John Francis Queeny, un químico autodidacta que levou a tecnoloxía da fabricación da sacarina, o primeiro edulcorante artificial, de Alemania ós Estados Unidos.

.

Nos anos 20, Monsanto converteuse nun dos principais fabricantes de ácido sulfúrico e desde a década dos 40 ata hoxe en día, é unha das compañías que estiveron sempre entre as dez primeiras empresas químicas de EE.UU.

.

A partir dos anos oitenta embarcouse na carreira biotecnolóxica

.

En 1982 científicos de Monsanto foron os primeiros en modificar xenéticamente a célula dunha planta. Cinco anos despois producían os primeiros experimentos con cultivos xenéticamente modificados.

.

Na década dos 90 deixou de ser só un xigante químico para se transformar nunha mega empresa de biotecnoloxía.

.

O vilipendiado glifosato foi descuberto en 1970 como potente herbicida por John E. Franz, traballando para Monsanto; tres anos despois foi comercializado có nome de Roundup, ata o ano 2000 en que venceu a patente. É o herbicida número un, en todo o mundo.

.

En 1996 e 1998 Monsanto creou os Roundup Ready soybeans y Roundup Ready corn, que son soia e millo xenéticamente modificados para tolerar o glifosato. Hoxe en día existe calquera tipo de cultivo con estas características, creados e vendidos por Monsanto. Outra das características é que os cultivos non producen sementes, polo que os agricultores deben mercar as sementes a Monsanto despois de cada colleita.

.

O axente naranxa é unha mestura de dous herbicidas: o 2,4 D e o 2,4,5 T, que foi usado como defoliante polo exército de Estados Unidos na guerra do Vietnan.

Entre as compañías químicas suministradoras do axente naranxa encóntranse Dow Chemical e Monsanto.

.

O axente naranxa causou entre a poboación Vietnamita ó redor de 400.000 mortos e 500.000 nacementos de nenos con malformacións, ademáis das baixas no propio exército norteamericano.

.

Xigantes coma Dow Chemical e Monsanto xa tiveron que dar explicacións nos tribunais polo seu papel nos bombardeos, pero ata agora ningunha compañía asumíu a súa presunta responsabilidade.

.

Este vídeo paréceme moi ilustrativo para coñecer o modus operandi de Monsanto:

http://www.tu.tv/videos/el-futuro-de-la-comida-2006-docu

Artigos de interés sobre Monsanto:

http://www.aldearural.com/subcategorias/documentacion/monsanto.htm

http://www.biodiversidadla.org/layout/set/print/content/view/full/39591

2 comentarios:

  1. Pareceme que son o primeiro dunha larga lista de curiosos bichos en caer na telaraña deste blog. Se a depredadora se conforma con ataques ás conciencias comoesta entrada de MONSANTO, igual hasta nos facemos amigos.
    Pero que conste que non son anti-transxénicos, sí do "mal uso" que algúns lles dean, que non é o mesmo (os primeiros cultivadores do campo seguro que deseguida tiveron o "monopolio" do comercio dos alimentos ¿quén podería competir con eles apañando amoras, por exemplo?, ademáis do inmenso "dano" que as especies cultivadas e os seus cambios xenéticos inherentes produciron a todo bicho vivinte.
    Líbreme Deus de defender Monsanto, apesares dese nome, pero sempre defenderéis o "progreso científico", que vivir nas cavernas non é pra min.
    Ala, ehí queda eso
    ÁNIMO CÓ BLOG, que promete

    ResponderEliminar
  2. Hola, en primer lugar quiero darte la enhorabuena por el blog.
    Respecto a los transgénicos te recomiendo el documental "El mundo según Monsanto" (puedes encontrarlo en Youtube), que es bastante ilustrativo sobre las prácticas de esta empresa.
    El año pasado tuve que hacer un trabajo sobre los transgénicos y la verdad es que hay que saber ponderar los pros y los contras. Pero el hecho de que Monsanto esté detrás da un poco de repelús.
    Si te interesa aquí te dejo una reflexión que hice sobre la empresa: http://lasmanzanasdulces.wordpress.com/2010/02/04/el-mundo-segun-monsanto/
    Un saludo y suerte.

    ResponderEliminar

Seguidores