miércoles, 5 de enero de 2011

Bugallos ou carrabouxos de carballo (castelán: agallas de roble)

Estas formacións desenrólanse nos carballos debido á picadura de insectos, as máis das veces Himenópteros, para deixar neles os seus ovos. Esto trae como consecuencia a reacción dos tecidos do vexetal formando unhas defensas que ó mesmo tempo benefician ó insecto protexendo a súa posta e facilitando a súa metamorfose ata se converter no adulto que acabará picando o bugallo para se liberar.




As imaxes que vedes a continuación son dos bugallos do meu pequeno carballo, tiven a sorte de poder seguir o proceso porque ámbolos dous que vedes na imaxe, non tiñan buraco, polo tanto os ovos estaban no interior.
Parece ser que a especie inductora da formación dos carrabouxos é Andricus quercustozae, pero dígovolo con certas reservas.



    Aquí está o bugallo aberto có ovo no seu interior.


  Esta imaxe é do interior do segundo bugallo.
 Empeza   a   asomar Andricus quercustozae. 
                                                            

Andricus quercustozae vendo a luz por primeira vez


 
   Imaxes do mesmo insecto
                                           

Seguidores