5/10/10

As miñas fotos de Heliozoos


Os Heliozoos (Helios=sol e zoo:animal) son Protoctistas ameboides, este termo fai referencia a que a célula se move ou alimenta por medio de prolongacións temporais chamadas pseudópodos (falsos pés)
Segundo o seu aspecto, os pseudópodos reciben distintos nomes, no caso dos Heliozoos chámanse axopodios e son largos, ríxidos e moi finos.
Cada axopodio está formado por un complexo grupo de microtúbulos rodeados dunha porción de citoplasma.

.
O saínte claro da parte inferior, a modo de bocha, é unha vacuola contráctil preparada para expulsar auga.

Todas as fotos pertencen ó xénero Actinophrys, creo que a especie é Actinophrys sol

Apréciase a vacuola pulsátil na parte inferior

¿Pode ser a división dun Heliozoo ou é un efecto óptico e está un, por detrás do outro?



Heliozoo en división













1 comentario:

Seguidores