3/20/23

Ensaios

12/15/22

 Scenedesmus

Algas verdes que forman colonias planas, rectas ou pouco curvadas e compostas por 2,4,8  e máis raramente 16 ou 32 células


Reino.- Plantae

Filo.- Chlorophyta

Clase.- Chlorophyceae

Orde.- Chlorococcales

Fam.- Scenedesmaceae


Colonias de 4 células







Colonias de 8 célula












12/14/22

 Pediastrum


Reino.- Plantae

Filo.- Chlorophyta

Clase.- Chlorophyceae

Orden.- Chlorococales

Fam.- Hydrodictyaceae

Xén.- Pediastrum



Organismos formados por colonias ou cenobios que oscilan entre catro e sesenta e catro células, estas colonias son planas e circulares, coas células exteriores rematadas en dous lóbulos máis ou menos pronunciados segundo a especie

P.boryanum

Con células verrugosas sen presentar lagoas entre elas


Tópanse en augas estancadas de curso lento





P. duplex
Grandes lagoas entre as células centrais







11/30/15

Synura

É un xénero de algas unicelulares que forman colonias esféricas.
As súas células están cubertas de escamas siliceas apenas visibles có microscopio óptico.
Viven maioritariamente en augas doces, onde rodan de seguido impulsadas por flaxelos. Cada célula ten dous flaxelos heterocontos.


Taxonomía
Dominio:   Eukarya
Reino:        Chromista
Filo:           Ochophyta
Clase:         Synurophyceae
Orde:          Synurales
Familia:      Synuraceae
Xénero:       Synura

A taxonomía utilizada é a proposta por Thomas Cavalier Smith


Secuencia da desmembración dunha colonia de Synura







11/29/15

Diatomeas

Bacillariophyceae ou Diatomeae, son una clase de algas unicelulares, das máis común no fitoplancton. Algunhas poden formar colonias, como Tabellaria (en zigzag) ou Asterionella(estreladas)
A característica principal das Diatomeas é a presenza dunha parede celular de sílice, chamada frústula, e formada por dúas valvas; a superior: epiteca, é algo máis grande  e solápase coa inferior: hipoteca. Ámbalas dúas únense por bandas de sílice.


Diatomea
Diatomea coas valvas abertas


Tabellaria.-
Xénero de Diatomeas onde as células se agrupan, dando lugar a formacións cadradas ou rectangulares, que se dispoñen en zigzag, uníndose estes grupos entre sí, mediante mucílago (substancia vexetal viscosa)


Taxonomía
Dominio:     Eukarya
Reino:         Chromista
Filo:            Ochrophyta
Subfilo:       Diatomeae
Clase:          Fragilariophyceae
Orde:          Tabellariales
Familia:      Tabellariaceae
Xénero:       Tabellaria








Asterionella.-
Xénero de algas Diatomeas que forman colonias estreladas, con todos as súas células de igual tamaño.


Taxonomía


Dominio:     Eukarya
Reino:         Chromista
Filo:            Ochrophyta
Subfilo:       Diatomeae
Clase:          Fragilariophyceae
Orde:           Fragilariales
Familia:       Fragilariaceae
Xénero:       Asterionella





Seguidores