lunes, 30 de noviembre de 2015

Synura

É un xénero de algas unicelulares que forman colonias esféricas.
As súas células están cubertas de escamas siliceas apenas visibles có microscopio óptico.
Viven maioritariamente en augas doces, onde rodan de seguido impulsadas por flaxelos. Cada célula ten dous flaxelos heterocontos.


Taxonomía
Dominio:   Eukarya
Reino:        Chromista
Filo:           Ochophyta
Clase:         Synurophyceae
Orde:          Synurales
Familia:      Synuraceae
Xénero:       Synura


Secuencia da desmembración dunha colonia de Synura







domingo, 29 de noviembre de 2015

Diatomeas

Bacillariophyceae ou Diatomeae, son una clase de algas unicelulares, das máis común no fitoplancton. Algunhas poden formar colonias, como Tabellaria (en zigzag) ou Asterionella(estreladas)
A característica principal das Diatomeas é a presenza dunha parede celular de sílice, chamada frústula, e formada por dúas valvas; a superior: epiteca, é algo máis grande  e solápase coa inferior: hipoteca. Ámbalas dúas únense por bandas de sílice.


Diatomea
Diatomea coas valvas abertas


Tabellaria.-
Xénero de Diatomeas onde as células se agrupan, dando lugar a formacións cadradas ou rectangulares, que se dispoñen en zigzag, uníndose estes grupos entre sí, mediante mucílago (substancia vexetal viscosa)


Taxonomía
Dominio:     Eukarya
Reino:         Chromista
Filo:            Ochrophyta
Subfilo:       Diatomeae
Clase:          Fragilariophyceae
Orde:          Tabellariales
Familia:      Tabellariaceae
Xénero:       Tabellaria








Asterionella.-
Xénero de algas Diatomeas que forman colonias estreladas, con todos as súas células de igual tamaño.


Taxonomía


Dominio:     Eukarya
Reino:         Chromista
Filo:            Ochrophyta
Subfilo:       Diatomeae
Clase:          Fragilariophyceae
Orde:           Fragilariales
Familia:       Fragilariaceae
Xénero:       Asterionella





Algas conxugadas

Este grupo está formado por organismos unicelulares de distintas formas e que teñen en común, a súa reproducción por conxugación, onde dúas células mediante un tubo copulador, intercambian o seu material xenético.
Posúen un só núcleo haploide e ben diferenciado no centro da célula, tanto nos individuos sinxelos, como nos que están formados por dúas metades cunha fendedura profunda que divide á célula en dúas partes simétricas, só unidas no punto central.
Dous exemplos de algas conxugadas:


Closterium:
É un xénero de algas verdes unicelulares con forma de semilúa. Pertence ó grupo das desmidiaceas que se caracterizan pola súa simetría bilateral. A parte central da célula contén o núcleo e cada semicélula presenta o seu cloroplasto con moitos pirenoides. Nos extremos da célula, aprécianse as vacuolas, que conteñen no seu interior, cristais de CaSO4


Taxonomía


Dominio:    Eukarya
Reino:        Plantae
Filo:           Charophyta
Clase:         Carophyceae
Orde:          Zygnematales
Familia:      Peniaceae
Xénero:       Closterium





jueves, 26 de noviembre de 2015



 Micrasterias.-
Son un xénero de algas unicelulares con simetría bilateral, formadas por dúas semicélulas separadas por un istmo estreito que alberga ó núcleo. Cada semicélula ten un cloroplasto que presentan  pirenoides no estroma, estes pirenoides son un reservorio da enzima RuBisCo encargada da fixación do CO2 na fotosíntese.


Taxonomía
Dominio:     Eukarya
Reino:         Plantae
Filo:            Charophyta
Clase:          Chariophyceae
Orde:           Zygnematales
Familia:       Desmidiaceae
Xénero:        Micrasterias







Micrasterias denticulata
Hemicélulas cunha profunda fendidura entre elas. Cada hemicélula posúe cinco lóbulos

Micrasterias rotata
Cada hemicélula consta de sete lóbulos














Seguidores