jueves, 25 de noviembre de 2010

Ciliados: Xén. Euplotes

Euplotes é un infusorio  caracterizado  por ter os cilios formando pequenos feixes chamados cirros, que se sitúan en tres grupos: frontais, transversais e caudais.
É un xénero común, abundante en estanques e charcas. Vive entre as plantas acuáticas ou no fondo e prefire as augas estancadas ou de pouca corrente.


Taxonomía:
Reino:     Protozoa
Filo:        Ciliophora
Clase:      Spirotrichea
Subclase: Hipotrichia
Orde:       Euplotida
Familia:   Euplotidae



   Aliméntanse de algas microscópicas e bacterias

   Creo que o que aquí vemos é, o final dunha bipartición.

Tecamebas


 As tecamebas son un grupo de amebas cunha cuberta exterior chamada teca, esta pode ser secretada polo propio organismo (teca autóxena) e de natureza proteica, silícea e as veces calcárea; ou ben pode ser formada por partículas externas que inxeren có alimento (areas, frústulas de diatomeas...) e compactadas mediante un cemento autóxeno de mucopolisacáridos. A teca posúe una abertura, por onde se liberan os peudópodos




















Preséntovos uns vídeos de tecamebas que puxen en youtube:
tecameba 2.avi  e tecameba 1.avi

domingo, 16 de mayo de 2010

Andoriñas

.
   A andoriña de cu branco (Delichon urbica) da Orde Passeriformes e familia Hirundinidae, é unha ave migratoria que chega á Península Ibérica procedente de África entre marzo e abril e marcha en setembro-outubro. Mide de 13 a 15 cm



Distribución
Amarelo: zona de cría
Azul: zona de invernada

Todas as fotos foron tomadas en Salvaterra de Miño; o dono da casa onde "viven" as andoriñas dí que o ano que chegaron mais cedo fixérono a mediados de febreiro.






É de cor branco pola zona ventral e negro azulado polo dorso, cun obispiño branco que a distingue da andoriña común (Hirundo rustica) e que lle da o nome de andoriña de cu branco
Habita en diferentes lugares, pero prefire as zonas urbanas non moi céntricas.


Os niños son de barro e pendúranos nos ángulos inferiores dos balcóns e nos beirados; están en contacto uns cós outros e na súa construcción colaboran macho e femia.


Aliméntanse de insectos que atrapan ó voo.Voan a máis altitude cás andoriñas e fano en grandes grupos, sobre todo á primeira e última hora do día.

Poñen de 3 a 5 ovos brancos (19x13mm) no mes de xuño, incúbanos entre 12 e 18 días e as crías permanecen no niño cerca dun mes.



¡Como disfrutan en Salvaterra!

martes, 11 de mayo de 2010

Lennart Nilsson



Descubrín a Lennart Nilsson (1922) non hai demasiado tempo curioseando pola rede e quedei impactada co seu traballo. Este fotógrafo sueco empezou a súa carreira nos anos 40 e foi fotógrafo de prensa durante a segunda guerra mundial, pero a principios dos 50 foise especializando en temas de fotografía médica e microscópica ata acadar recoñecemento mundial.

.

Glóbulos vermellos parasitados con Plasmodium

.

Os seus traballos encóntranse en distintos museos: Museo Moderno de Estocolmo, Museo Británico de Londres, Museo de Arte de Tokio..



.

Fotografía con endoscopio dun embrión humano no interior do saco amniótico

.

Persoa rigurosa; é no seu traballo un explorador minucioso, capaz de asombrar á xente, ó convertir en arte todo aquelo que traspasa a súa cámara fotográfica. Foi conseguindo éxito tras éxito,`pero a súa consagración a nivel internacional, chega coas imaxes intrauterinas do embrión humano, que apareceron na revista Life en 1965.

Espermatozoide penetrando no óvulo

Colabora con investigadores e diseñadores de lentes para ir sempre un paso por diante, deste xeito logrou darnos as primeiras imaxes do virus da inmunodeficiencia humana: VIH

.

VIH invadindo un leucocito

.

Para quen queira disfrutar coa súa obra, aquí deixo a dirección:

http://www.lennartnilsson.com/



lunes, 10 de mayo de 2010

As miñas fotos de Heliozoos


Os Heliozoos son Protoctistas ameboides, este termo fai referencia a que a célula se move ou alimenta por medio de prolongacións temporais chamadas pseudópodos (falsos pés)
Segundo o seu aspecto, os pseudópodos reciben distintos nomes, no caso dos Heliozoos chámanse axopodios e son largos, ríxidos e moi finos.
Cada axopodio está formado por un complexo grupo de microtúbulos rodeados dunha porción de citoplasma.

.
O saínte claro da parte inferior, a modo de bocha, é unha vacuola contráctil preparada para expulsar auga ó medio
Todas as fotos pertencen ó xénero Actinophrys, creo que a especie é Actinophrys sol Apréciase moi clariño a vacuola pulsátil na parte inferior
Heliozoo (Helios=sol; zoo=animal)

¿Pode ser a división dun Heliozoo ou é un efecto óptico e está un, por detrás do outro?


viernes, 7 de mayo de 2010

Monsanto

Unha multinacional estadounidense con poucos escrúpulos

.

Coa súa sede central en San Luis, Missouri ( EE.UU.), a Monsanto Chemical Company foi fundada en 1901 por John Francis Queeny, un químico autodidacta que levou a tecnoloxía da fabricación da sacarina, o primeiro edulcorante artificial, de Alemania ós Estados Unidos.

.

Nos anos 20, Monsanto converteuse nun dos principais fabricantes de ácido sulfúrico e desde a década dos 40 ata hoxe en día, é unha das compañías que estiveron sempre entre as dez primeiras empresas químicas de EE.UU.

.

A partir dos anos oitenta embarcouse na carreira biotecnolóxica

.

En 1982 científicos de Monsanto foron os primeiros en modificar xenéticamente a célula dunha planta. Cinco anos despois producían os primeiros experimentos con cultivos xenéticamente modificados.

.

Na década dos 90 deixou de ser só un xigante químico para se transformar nunha mega empresa de biotecnoloxía.

.

O vilipendiado glifosato foi descuberto en 1970 como potente herbicida por John E. Franz, traballando para Monsanto; tres anos despois foi comercializado có nome de Roundup, ata o ano 2000 en que venceu a patente. É o herbicida número un, en todo o mundo.

.

En 1996 e 1998 Monsanto creou os Roundup Ready soybeans y Roundup Ready corn, que son soia e millo xenéticamente modificados para tolerar o glifosato. Hoxe en día existe calquera tipo de cultivo con estas características, creados e vendidos por Monsanto. Outra das características é que os cultivos non producen sementes, polo que os agricultores deben mercar as sementes a Monsanto despois de cada colleita.

.

O axente naranxa é unha mestura de dous herbicidas: o 2,4 D e o 2,4,5 T, que foi usado como defoliante polo exército de Estados Unidos na guerra do Vietnan.

Entre as compañías químicas suministradoras do axente naranxa encóntranse Dow Chemical e Monsanto.

.

O axente naranxa causou entre a poboación Vietnamita ó redor de 400.000 mortos e 500.000 nacementos de nenos con malformacións, ademáis das baixas no propio exército norteamericano.

.

Xigantes coma Dow Chemical e Monsanto xa tiveron que dar explicacións nos tribunais polo seu papel nos bombardeos, pero ata agora ningunha compañía asumíu a súa presunta responsabilidade.

.

Este vídeo paréceme moi ilustrativo para coñecer o modus operandi de Monsanto:

http://www.tu.tv/videos/el-futuro-de-la-comida-2006-docu

Artigos de interés sobre Monsanto:

http://www.aldearural.com/subcategorias/documentacion/monsanto.htm

http://www.biodiversidadla.org/layout/set/print/content/view/full/39591

viernes, 30 de abril de 2010

Mitose en raiz de cebola


Aprécianse: interfases;profase, metafase,
anafase e telofase

Profase, metafase e anafase


Anafase temprana e tardía


Anafases tempranas


Anafase e telofase



Anafase tardía ou telofase temprana

miércoles, 28 de abril de 2010

Frotis sanguíneos



Vense leucocitos granulocitos e agranulocitos


Células de mucosa bucal



Neuronas de cerebro de gato( Felis catus )

Estas preparacións fíxenas hai moitos anos nun curso de
verán, no Instituto Químico de Sarriá, en Barcelona.



Vense moi ben os corpos celulares e as dendritas.


lunes, 19 de abril de 2010

Rotíferos

Son un Filo de animais pseudocelomados microscópicos (entre 0,1 e 0,5 mm) que viven maioritariamente, en distintos hábitats de auga doce. O seu nome deriva do latín rota: roda e fero: os que levan.






Xénero Lecane



Xénero Keratella

Xénero Philodina




Aquí vos deixo algúns videos de Philodina que teño en youtube:


Vorticella

As especies deste xénero son organismos solitarios con forma de campá. Son de vida sésil e fíxanse ó substrato por medio dun pedúnculo que se estende e contrae de forma rápida, ante calquera sinal de perigo.
Os cilios nas vorticelas estás limitados á zona do citostoma (abertura celular que permite o paso das partículas alimenticias)
Poden vivir en augas limpas ou con distintos grados de contaminación.


Taxonomía:
Dominio:    Eukarya
Reino:         Protozoa
Filo:            Ciliophora
Clase:          Oligohymenophorea
Subclase:     Peritrichia
Orde:           Sessilida
Familia:      Vorticellidae
        A vorticela é un microorganismo unicelular ciliado.
  Únese ó sustrato por un pedúnculo contráctil.
 O seu hábitat son as augas eutróficas, é dicir, ricas en nutrientes.


Seguidores