5/16/10

Andoriñas

.
   A andoriña de cu branco (Delichon urbica) da Orde Passeriformes e familia Hirundinidae, é unha ave migratoria que chega á Península Ibérica procedente de África entre marzo e abril e marcha en setembro-outubro. Mide de 13 a 15 cm



Distribución
Amarelo: zona de cría
Azul: zona de invernada

Todas as fotos foron tomadas en Salvaterra de Miño; o dono da casa onde "viven" as andoriñas dí que o ano que chegaron mais cedo fixérono a mediados de febreiro.






É de cor branco pola zona ventral e negro azulado polo dorso, cun obispiño branco que a distingue da andoriña común (Hirundo rustica) e que lle da o nome de andoriña de cu branco
Habita en diferentes lugares, pero prefire as zonas urbanas non moi céntricas.


Os niños son de barro e pendúranos nos ángulos inferiores dos balcóns e nos beirados; están en contacto uns cós outros e na súa construcción colaboran macho e femia.


Aliméntanse de insectos que atrapan ó voo.Voan a máis altitude cás andoriñas e fano en grandes grupos, sobre todo á primeira e última hora do día.

Poñen de 3 a 5 ovos brancos (19x13mm) no mes de xuño, incúbanos entre 12 e 18 días e as crías permanecen no niño cerca dun mes.



¡Como disfrutan en Salvaterra!

1 comentario:

  1. Gracias a esta entrada entérome de que non se dí "anduriñ", que se dí "andoriña". En adiante diré ANDDURIÑA tamén, pero será a conciencia de estar infrinxindo a normativa.
    Preciosas as fotos dos niños.
    En Muros fotografía a semana pasada unha anduriña común no seu niño, pensaba poñelano blog, pero non dou feito.
    Por certo, seguen sen abrirse as fotos ao pinchalas. Vai a configuración e escolle o editor actualizado, a ver.

    ResponderEliminar

Seguidores