2/27/12
Larva de Chironomidae
Observando unha pinga de auga, topeime con esto. É unha larva de Díptero ( Fam Chironomidae). Os adultos son organismos pequenos, entre 2 e 10 mm con aspecto de mosquito.
Agradézolle a Xosé López Goldar que me resolvera o asunto, eu andaba rondando, pero él dou na diana sen problema.
1/05/11
Bugallos ou carrabouxos de carballo (castelán: agallas de roble)
11/25/10
Ciliados: Xén. Euplotes
É un xénero común, abundante en estanques e charcas. Vive entre as plantas acuáticas ou no fondo e prefire as augas estancadas ou de pouca corrente.
Taxonomía:
Reino: Protozoa
Filo: Ciliophora
Clase: Spirotrichea
Subclase: Hipotrichia
Orde: Euplotida
Familia: Euplotidae
Tecamebas
As tecamebas son un grupo de amebas cunha cuberta exterior chamada teca, esta pode ser secretada polo propio organismo (teca autóxena) e de natureza proteica, silícea e as veces calcárea; ou ben pode ser formada por partículas externas que inxeren có alimento (areas, frústulas de diatomeas...) e compactadas mediante un cemento autóxeno de mucopolisacáridos. A teca posúe una abertura, por onde se liberan os peudópodos
Preséntovos uns vídeos de tecamebas que puxen en youtube:
tecameba 2.avi e tecameba 1.avi
5/16/10
Andoriñas
A andoriña de cu branco (Delichon urbica) da Orde Passeriformes e familia Hirundinidae, é unha ave migratoria que chega á Península Ibérica procedente de África entre marzo e abril e marcha en setembro-outubro. Mide de


É de cor branco pola zona ventral e negro azulado polo dorso, cun obispiño branco que a distingue da andoriña común (Hirundo rustica) e que lle da o nome de andoriña de cu branco
5/11/10
Lennart Nilsson

Glóbulos vermellos parasitados con Plasmodium
Fotografía con endoscopio dun embrión humano no interior do saco amniótico
.
Espermatozoide penetrando no óvulo
.
VIH invadindo un leucocito
5/10/10
As miñas fotos de Heliozoos
.
O saínte claro da parte inferior, a modo de bocha, é unha vacuola contráctil preparada para expulsar auga.
Apréciase a vacuola pulsátil na parte inferior












