3/20/23
12/15/22
12/14/22
Pediastrum
Reino.- Plantae
Filo.- Chlorophyta
Clase.- Chlorophyceae
Orden.- Chlorococales
Fam.- Hydrodictyaceae
Xén.- Pediastrum
Organismos formados por colonias ou cenobios que oscilan entre catro e sesenta e catro células, estas colonias son planas e circulares, coas células exteriores rematadas en dous lóbulos máis ou menos pronunciados segundo a especie
P.boryanum
Con células verrugosas sen presentar lagoas entre elas
Tópanse en augas estancadas de curso lento
P. duplex
Grandes lagoas entre as células centrais
11/30/15
Synura
É un xénero de algas unicelulares que forman colonias esféricas.
As súas células están cubertas de escamas siliceas apenas visibles có microscopio óptico.
Viven maioritariamente en augas doces, onde rodan de seguido impulsadas por flaxelos. Cada célula ten dous flaxelos heterocontos.
Taxonomía
Dominio: Eukarya
Reino: Chromista
Filo: Ochophyta
Clase: Synurophyceae
Orde: Synurales
Familia: Synuraceae
Xénero: Synura

11/29/15
Diatomeas
Bacillariophyceae ou Diatomeae, son una clase de algas unicelulares, das máis común no fitoplancton. Algunhas poden formar colonias, como Tabellaria (en zigzag) ou Asterionella(estreladas)
A característica principal das Diatomeas é a presenza dunha parede celular de sílice, chamada frústula, e formada por dúas valvas; a superior: epiteca, é algo máis grande e solápase coa inferior: hipoteca. Ámbalas dúas únense por bandas de sílice.

Diatomea
Diatomea coas valvas abertas
Tabellaria.-
Xénero de Diatomeas onde as células se agrupan, dando lugar a formacións cadradas ou rectangulares, que se dispoñen en zigzag, uníndose estes grupos entre sí, mediante mucílago (substancia vexetal viscosa)
Taxonomía
Dominio: Eukarya
Reino: Chromista
Filo: Ochrophyta
Subfilo: Diatomeae
Clase: Fragilariophyceae
Orde: Tabellariales
Familia: Tabellariaceae
Xénero: Tabellaria

Algas conxugadas
Este grupo está formado por organismos unicelulares de distintas formas e que teñen en común, a súa reproducción por conxugación, onde dúas células mediante un tubo copulador, intercambian o seu material xenético.
Posúen un só núcleo haploide e ben diferenciado no centro da célula, tanto nos individuos sinxelos, como nos que están formados por dúas metades cunha fendedura profunda que divide á célula en dúas partes simétricas, só unidas no punto central.
Dous exemplos de algas conxugadas:
Closterium:
É un xénero de algas verdes unicelulares con forma de semilúa. Pertence ó grupo das desmidiaceas que se caracterizan pola súa simetría bilateral. A parte central da célula contén o núcleo e cada semicélula presenta o seu cloroplasto con moitos pirenoides. Nos extremos da célula, aprécianse as vacuolas, que conteñen no seu interior, cristais de CaSO4
Taxonomía
Dominio: Eukarya
Reino: Plantae
Filo: Charophyta
Clase: Carophyceae
Orde: Zygnematales
Familia: Peniaceae
Xénero: Closterium

11/26/15
Micrasterias
Taxonomía
Dominio: Eukarya
Reino: Plantae
Filo: Charophyta
Clase: Chariophyceae
Orde: Zygnematales
Familia: Desmidiaceae
Xénero: Micrasterias
Micrasterias denticulata
Hemicélulas cunha profunda fendidura entre elas.
Cada hemicélula posúe cinco lóbulos
Micrasterias rotata
Cada hemicélula consta de sete lóbulos
Micrasterias americana
célula multilobulada con lóbulos laterais longos, divididos por incisións pouco profundas
2/27/12
Larva de Chironomidae
Observando unha pinga de auga, topeime con esto. É unha larva de Díptero ( Fam Chironomidae). Os adultos son organismos pequenos, entre 2 e 10 mm con aspecto de mosquito.
Agradézolle a Xosé López Goldar que me resolvera o asunto, eu andaba rondando, pero él dou na diana sen problema.
1/05/11
Bugallos ou carrabouxos de carballo (castelán: agallas de roble)
Estas formacións desenrólanse nos carballos debido á picadura de insectos, as máis das veces Himenópteros, para deixar neles os seus ovos. Esto trae como consecuencia a reacción dos tecidos do vexetal formando unhas defensas que ó mesmo tempo benefician ó insecto protexendo a súa posta e facilitando a súa metamorfose ata se converter no adulto que acabará picando o bugallo para se liberar.
As imaxes que vedes a continuación son dos bugallos do meu pequeno carballo, tiven a sorte de poder seguir o proceso porque ámbolos dous que vedes na imaxe, non tiñan buraco, polo tanto os ovos estaban no interior.
Parece ser que a especie inductora da formación dos carrabouxos é Andricus quercustozae, pero dígovolo con certas reservas.
Aquí está o bugallo aberto có ovo no seu interior.
Esta imaxe é do interior do segundo bugallo.
Empeza a asomar Andricus quercustozae.
Andricus quercustozae vendo a luz por primeira vez
Imaxes do mesmo insecto
11/25/10
Ciliados: Xén. Euplotes
Euplotes é un infusorio caracterizado por ter os cilios formando pequenos feixes chamados cirros, que se sitúan en tres grupos: frontais, transversais e caudais.
É un xénero común, abundante en estanques e charcas. Vive entre as plantas acuáticas ou no fondo e prefire as augas estancadas ou de pouca corrente.
Taxonomía:
Reino: Protozoa
Filo: Ciliophora
Clase: Spirotrichea
Subclase: Hipotrichia
Orde: Euplotida
Familia: Euplotidae

Aliméntanse de algas microscópicas e bacterias
Creo que o que aquí vemos é, o final dunha bipartición.
Tecamebas
As tecamebas son un grupo de amebas cunha cuberta exterior chamada teca, esta pode ser secretada polo propio organismo (teca autóxena) e de natureza proteica, silícea e as veces calcárea; ou ben pode ser formada por partículas externas que inxeren có alimento (areas, frústulas de diatomeas...) e compactadas mediante un cemento autóxeno de mucopolisacáridos. A teca posúe una abertura, por onde se liberan os peudópodos
Preséntovos uns vídeos de tecamebas que puxen en youtube:
tecameba 2.avi e tecameba 1.avi
5/16/10
Andoriñas
.
A andoriña de cu branco (Delichon urbica) da Orde Passeriformes e familia Hirundinidae, é unha ave migratoria que chega á Península Ibérica procedente de África entre marzo e abril e marcha en setembro-outubro. Mide de13 a 15 cm

A andoriña de cu branco (Delichon urbica) da Orde Passeriformes e familia Hirundinidae, é unha ave migratoria que chega á Península Ibérica procedente de África entre marzo e abril e marcha en setembro-outubro. Mide de

Distribución
Amarelo: zona de cría
Azul: zona de invernada
Todas as fotos foron tomadas en Salvaterra de Miño; o dono da casa onde "viven" as andoriñas dí que o ano que chegaron mais cedo fixérono a mediados de febreiro.
É de cor branco pola zona ventral e negro azulado polo dorso, cun obispiño branco que a distingue da andoriña común (Hirundo rustica) e que lle da o nome de andoriña de cu branco
Habita en diferentes lugares, pero prefire as zonas urbanas non moi céntricas.
Os niños son de barro e pendúranos nos ángulos inferiores dos balcóns e nos beirados; están en contacto uns cós outros e na súa construcción colaboran macho e femia.
Aliméntanse de insectos que atrapan ó voo.Voan a máis altitude cás andoriñas e fano en grandes grupos, sobre todo á primeira e última hora do día.
Poñen de 3 a 5 ovos brancos (19x13mm) no mes de xuño, incúbanos entre 12 e 18 días e as crías permanecen no niño cerca dun mes.
¡Como disfrutan en Salvaterra!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)

.jpg)